Actividades escolares 

Search
Close this search box.

EmocionArte. Obradoiro Literario.

Obradoiros artísticos sobre emocións
con Pedro Feijoo

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

03-09-2024

ATA

-

Información

Obradoiros artísticos sobre emocións a cargo do escritor Pedro Feijoo

Boa parte do traballo das persoas artistas consiste xustamente en enfrontárense ás súas propias emocións para, a través do proceso creativo, atopar a maneira de darlles forma. Ás veces trátase de manifestar aquilo que nos fai sentir viv@s. Outras, de plantarlle cara a aquilo que nos aterra. Mais sempre, sempre, comunicándonos, xa sexa con quen nos rodea ou, moi especialmente, con nós mesm@s. Sen medo. Con liberdade. 

Ao longo de xa case tres décadas, Pedro Feijoo desenvolveu unha intensa carreira como creador, primeiro no campo da música e, posteriormente, no da literatura. E será precisamente de toda esa experiencia da que os e as participantes neste obradoiro se valerán para atopar o xeito de darlles forma a todas esas emocións. Tocando, escribindo, lendo ou ben compoñendo, aprenderemos a canalizalas para convertelas en algo novo. Unha creación que sexa comunicable, visible. Tanto para a xente, coma para un mesm@…

Os últimos acontecementos sociais demostraron que, máis alá da formación intelectual e física, a educación emocional é fundamental para o desenvolvemento. Ata hai pouco, a atención relacionada con competencias emocionais parecía non ser relevante, converténdose na actualidade nunha necesidade á que se enfrontan escolares, profesorado e familias. 

Co obxectivo de dotar de ferramentas a xente nova que lle axuden a comprenderse mellor e comprender a súa contorna, presentamos un programa específico orientado á saúde emocional con conferencias e obradoiros.

modalidade

Presencial

LUGAR

No centro educativo

ETAPA ESCOLAR

ESO, Bacharelato e CF

DURACIÓN

1 hora (3 sesións)

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

5€/escolar

PERIODO ESCOLAR

2º e 3º trimestre

AFORO

-

Descargas

Inscrición

Podes inscribirte chamando ao 986120089.
Escribenos a escolares@afundacion.org ou rechea o formulario.

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

Charla sobre saúde mental e adicións co ciclo Educación s. XXI
Saúde mental e adiccións ...

INSCRICIÓN ABERTA

Charla sobre sexualidade e relacións co ciclo Educación s. XXI
Sexualidade e relacións ...

INSCRICIÓN ABERTA

Charla sobre saúde mental co ciclo Educación s. XXI
Saúde mental ...

INSCRICIÓN ABERTA

Obradoiro artístico de emocións
Construción da identidade, autoestima, xestión das emocións. ...
Atopa a actividade que buscas