Actividades escolares 

Search
Close this search box.

Música a flor de pel

Microconcertos en Centros de Educación Especial de Galicia
FUNDACIÓN IGUALARTE

INSCRICIÓN

Pechada

DENDE

03-09-2024

ATA

30-09-2024

Información

Conscientes da importancia da música como canle de comunicación e incentivo para melloras cognitivas, socio-emocionais e motrices, desde Afundación continuamos co programa presencial de acceso á música en directo dirixido a todos os Centros de Educación Especial de Galicia. Unha actividade intensa en emocións e sentimentos que permite ao alumnado destes centros gozar dunha xornada festiva, divulgativa e musical. A música axuda nenas, nenos e mocidade con necesidades especiais a mellorar o seu desenvolvemento emocional, afectivo, sensorial e perceptivo, fomenta a súa atención, reduce a súa ansiedade e facilita o establecemento de relacións interpersoais, entre outros beneficios, á vez que gozan dunha diversión intensa e emotiva.

ESPAZOS: Esta actividade está dirixida exclusivamente aos Centros de Educación Especial de Galicia. Realízase nos propios centros escolares de Educación Especial. En interior ou exterior, segundo as condicións meteorolóxicas o permitan.

Unha triple proposta, a escoller:

  • AGRUPACIÓN MUSICAL DET@PAS 

Concerto de música tradicional, con novo repertorio, que combina xogos e interacción co público.

  • AGRUPACIÓN MUSICAL LAVANDA

Proposta musical infantil. Músicas coñecidas onde nos relacionamos e xogamos cos seus personaxes, mentres se entoan cancións do circo, de debuxos animados e ata cancións infantís tradicionais.

  • MÚSICA CON SENTIDO

Unha proposta sensorial onde a música e o son se combinan para experimentar cos diferentes sentidos. Distintas texturas e materiais son ferramentas esenciais para traballar co auditivo.

A Fundación Igual Arte é un espazo activo onde se traballa a arte con persoas con discapacidade, entendendo que a arte é un dereito que nos pertence a todas e a todos, que leva parella a maxia de expresar, comunicar e transmitir.

Esta entidade sen ánimo de lucro nace no ano 2002, creada e formada por profesionais da educación e da arte. Declarada Fundación de Interese Galego pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, no ano 2010 recibiu o galardón ao Proxecto cultural máis innovador e vangardista que outorga a Deputación de Pontevedra polo seu labor levado a cabo no campo artístico e cultural con persoas con necesidades educativas especiais.

modalidade

Presencial

LUGAR

No propio Centro de Educación Especial

ETAPA ESCOLAR

Centros de Educación Especial

DURACIÓN

60 minutos

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

Gratuíta

PERIODO ESCOLAR

1º e 3º trimestre

AFORO

-

Datas

Outubro a novembro 2024

Maio a xuño 2025

Descargas

Inscrición

Instruccións: as inscricións nas actividades de artes escénicas realizanse exclusivamente a través do portal de centros de Afundación ó que podes acceder pulsando no botón “Acceso a centros”. Recorda que cada centro ten un usuario e chave única. Máis información no teléfono 986 12 00 89. 

Recordamos que se a inscripción está pechada pode consultar telefónicamente a dispoñibilidades.

Outras actividades

INSCRICIÓN PECHADA

Teatro de actor
Mocidade en risco de exclusión: liberámonos de prexuízos. Encontro con ...

INSCRICIÓN PECHADA

Teatro de actor
Teatro participativo en inglés ...

INSCRICIÓN PECHADA

Teatro de actor
Igualdade de xénero e respecto á diversidade. Teatro participativo en ...

INSCRICIÓN PECHADA

A memoria da reconciliación coa vida e coa familia despois ...
Atopa a actividade que buscas