Actividades escolares 

Search
Close this search box.

O espello de Claude. Fotografía e identidade.

Obradoiro artístico de emocións
con Fuco Reyes

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

03-09-2024

ATA

-

Información

Un espello de Claude (ou espello negro) é un pequeno espello lixeiramente convexo​ que ten a súa superficie tinxida. Estes espellos eran usados por pintores de paisaxes, xa que a súa curvatura producía o efecto de abstraer a porción da paisaxe que interesaba ver de todo cando a rodeaba, reducindo a escala da vista, e simplificando a cor e a gradación tonal.

Fuco Reyes e a súa lente serán para estes escolares o espello de Claude das súas emocións. Psicólogo e fotógrafo, con esta actividade, Fuco explora aspectos clave na etapa da adolescencia coma a construción da identidade, a autoimaxe, a autoestima, a xestión das emocións e a motivación. Procesos determinantes no desenvolvemento persoal e na aprendizaxe sobre un mesm@ e as relacións cos demais.

Os últimos acontecementos sociais demostraron que, máis alá da formación intelectual e física, a educación emocional é fundamental para o desenvolvemento. Ata hai pouco, a atención relacionada con competencias emocionais parecía non ser relevante, converténdose na actualidade nunha necesidade á que se enfrontan escolares, profesorado e familias. 

Co obxectivo de dotar de ferramentas a xente nova que lle axuden a comprenderse mellor e comprender a súa contorna, presentamos un programa específico orientado á saúde emocional con conferencias e obradoiros.

modalidade

Presencial

LUGAR

No centro educativo

ETAPA ESCOLAR

5º e 6º Ed. Primaria, ESO, Bacharelao e CF

DURACIÓN

1 hora (5 sesiones)

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

5€/escolar

PERIODO ESCOLAR

Todo o periodo escolar

AFORO

-

Descargas

Inscrición

Os teus datos personais os trataremos en «Fundación Galicia Obra Social» para xestionar a túa inscrición e, se nos das a túa autorización, tamén para enviarte información comercial sobre outras actividades ou servizos organizados ou patrocinados por Afundación. Os conservaremos ata que nos retires a túa autorización e, por se houbera algunha reclamación, durante os prazos legalmente establecidos. 
Poderás exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación e portabilidade que te recoñece a lexislación vixente a través de rgpd@afundacion.org ou incluso, se o consideras oportuno, presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.
Los campos marcados con * son obligatorios en el momento del envío de la información.

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

Charla sobre saúde mental e adicións co ciclo Educación s. XXI
Saúde mental e adiccións ...

INSCRICIÓN ABERTA

Charla sobre sexualidade e relacións co ciclo Educación s. XXI
Sexualidade e relacións ...

INSCRICIÓN ABERTA

Charla sobre saúde mental co ciclo Educación s. XXI
Saúde mental ...

INSCRICIÓN ABERTA

Obradoiros artísticos sobre emocións
Tratamos as emocións a través dun proceso creativo. ...
Atopa a actividade que buscas