Actividades escolares 

Search
Close this search box.

SIMULTÁNEA: ARQUITECTURAS NARRADAS E OUTRAS ESCENAS DE CIDADE NA COLECCIÓN DE ARTE AFUNDACIÓN

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

03-09-2024

ATA

-

Información

En Afundación, Obra Social ABANCA cumprimos 10 anos como axentes destacados na actividade cultural e social de Galicia. Como tales, entre as nosas tarefas, ao longo desta década, estivo a de ser depositarios e salvagardas dun dos Bens de Interese Cultural máis destacados da nosa comunidade, a Colección de arte, que mostramos a través de proxectos expositivos de moi variada temática e linguaxe. 

Para conmemorar os 10 anos de xestión deste BIC, presentamos SIMULTÁNEA, un macro proxecto que implica a Colección como elemento dinamizador da cultura e a tradición galegas nas súas sete cidades. Todas as sedes de Afundación implícanse nesta experiencia «simultánea», unha exhibición sen precedentes en que gozar dunha boa parte das máis de 5.000 pezas que compoñen o catálogo visual e histórico que é a nosa Colección de arte. 

Instalacións, fotografía, escultura, pintura… para relatar a nosa historia contemporánea baixo o prisma da arte galega desde o século XIX á actualidade.  

Ademais, presentamos toda unha gama de actividades relacionadas, destacando o programa de escolares en que se combinan coñecementos de arte e historia, actividades de robótica e programación con axuda da IA (Aula STEAM) e liñas de contido asociadas á sostibilidade e a conservación.

Unha viaxe a través dos lugares máis dispares do mundo, algúns mesmo imaxinados, partindo da cidade que nos acolle, Santiago de Compostela. Diferentes tipos de construcións, humildes, verticais, relixiosas, deshabitadas… que marcan os ritmos e movementos das persoas que as habitaron, habitan ou tan só visitan. Cidades e vilas, reais e oníricas, que tecen un conxunto de redes nas que as persoas forman lugares e os lugares forman persoas.

Desde a nosa área educativa poñemos en marcha as seguintes actividades para escolares, coas que combinamos arte, programación e robótica, con creatividade e sostibilidade:

• Infantil a 4º Primaria (*) | Visita-conto con obradoiro | Cidade de soños (90 minutos.)

Visita-conto coa que facemos unha viaxe por distintos lugares do mundo, partindo da cidade que nos acolle, Santiago de Compostela, e dando mostra do importantes que somos as persoas para crear lugares, de aí tanta diversidade. 

Que debería ter a nosa cidade ideal? Se non existe, igual podemos inventala…

(*) Visita híbrida específica para 3º e 4º Primaria

• 5º Primaria a 2º ESO | Visita guiada adaptada con obradoiro| Arquitectos para o futuro (2 horas.)

Por equipos, investigaremos con perspicacia e coñeceremos distintos lugares partindo de Santiago de Compostela. Falaremos do importantes que somos as persoas á hora de crear lugares. Cal sería o noso sitio ideal? Tería algunha norma? Ábrese o debate coa axuda da IA.

• 3º e 4º ESO, bacharelato e CF | Visita comentada con obradoiro opcional | Simultánea. Arquitecturas narradas e outras escenas da cidade na Colección de Arte Afundación
(1 hora sen obradoiro. 2 horas con obradoiro)

A nosa sala de exposicións convértese na nosa aula, algún coñecemento de arte, moito contexto e historia, así coma múltiples significados que hai detrás das representacións das cidades e das súas arquitecturas.

modalidade

Presencial

LUGAR

Sede Afundación Santiago de Compostela

ETAPA ESCOLAR

Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato, CF

DURACIÓN

-

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

2 € cada escolar. Grupos e colectivos en risco de exclusión social, de balde.

PERIODO ESCOLAR

1º trimestre

AFORO

-

Descargas

Inscrición

Podes inscribirte chamando ao 981 552 577.

Os teus datos personais os trataremos en «Fundación Galicia Obra Social» para xestionar a túa inscrición e, se nos das a túa autorización, tamén para enviarte información comercial sobre outras actividades ou servizos organizados ou patrocinados por Afundación. Os conservaremos ata que nos retires a túa autorización e, por se houbera algunha reclamación, durante os prazos legalmente establecidos. 
Poderás exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación e portabilidade que te recoñece a lexislación vixente a través de rgpd@afundacion.org ou incluso, se o consideras oportuno, presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.
Los campos marcados con * son obligatorios en el momento del envío de la información.

Outras actividades

PRÓXIMAMENTE

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación
Arte galega, o poder da imaxinación e a fantasía ...

INSCRICIÓN ABERTA

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación
Arte galega, abstracción, creatividade, emocións, xeometría ...

INSCRICIÓN ABERTA

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación
Arte galega, identidade, conciencia ambiental ...

INSCRICIÓN ABERTA

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación
Arte galega, concepto paisaxe, oficios, protección dos nosos mares ...
Atopa a actividade que buscas