Actividades escolares 

Search
Close this search box.

SIMULTÁNEA: ESPAZO ABERTO E NATUREZA NA COLECCIÓN DE ARTE AFUNDACION

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

03-09-2024

ATA

-

Información

En Afundación, Obra Social ABANCA cumprimos 10 anos como axentes destacados na actividade cultural e social de Galicia. Como tales, entre as nosas tarefas, ao longo desta década, estivo a de ser depositarios e salvagardas dun dos Bens de Interese Cultural máis destacados da nosa comunidade, a Colección de arte, que mostramos a través de proxectos expositivos de moi variada temática e linguaxe. 

Para conmemorar os 10 anos de xestión deste BIC, presentamos SIMULTÁNEA, un macro proxecto que implica a Colección como elemento dinamizador da cultura e a tradición galegas nas súas sete cidades. Todas as sedes de Afundación implícanse nesta experiencia «simultánea», unha exhibición sen precedentes en que gozar dunha boa parte das máis de 5.000 pezas que compoñen o catálogo visual e histórico que é a nosa Colección de arte. 

Instalacións, fotografía, escultura, pintura… para relatar a nosa historia contemporánea baixo o prisma da arte galega desde o século XIX á actualidade.  

Ademais, presentamos toda unha gama de actividades relacionadas, destacando o programa de escolares en que se combinan coñecementos de arte e historia, actividades de robótica e programación con axuda da IA (Aula STEAM) e liñas de contido asociadas á sostibilidade e a conservación.

As contornas naturais cativan a nosa atención, afectan as nosas emocións e fannos reflexionar. Os lugares da memoria, a Galicia máxica ou a melancolía son algúns dos temas que con frecuencia visitan as e os artistas galegos nas súas representacións paisaxísticas.

A través das obras da Colección de Arte Afundación transitamos por vales, montañas, ríos, costas bravas… que nos guían e nos fan conectar de novo coas nosas raíces, ilustrando a diversa e potente presenza da natureza e a paisaxe na creación artística galega desde o século XIX ata a actualidade. 

As nosas naturezas son a base do programa escolar orientado a todas as idades e onde combinamos arte, programación e robótica, con creatividade e sostibilidade: 

●         Infantil a 4º Primaria (*) | De pícnic polas nosas naturezas máxicas (90 minutos.)

Non hai nada mellor para observar a natureza ca pasear por ela. Imos de excursión cunha cesta de pícnic moi especial, chea de imaxinación e emoción, que nos abre o apetito creativo a través da cor, a luz e moita, moita maxia. 

(*) Visita híbrida específica para 3º e 4º Primaria. 

●         5º Primaria a 2º ESO (*) |  De like en like (2 horas.)

En equipos mixtos, defendemos a nosa natureza coma a que máis likes obtén. Para iso analizamos a importancia cromática, sensación de volume e profundidade a través da luz, a percepción dos horizontes, a pegada humana e a forza do natural a través de formas orgánicas. A IA axudaranos nesta tarefa.

●         3º e 4º ESO, bacharelato e CF | Espazo aberto e natureza
(1 hora sen obradoiro. 2 horas con obradoiro)

Como xa indicaba Otero Pedrayo: «A alma de Galicia non se esconde a quen a busca con amor e sinceridade… Hai que buscala nos vales, decorados polas viñas, nas aldeas, idealizadas polos cruceiros, nas costas, entre a forza eterna do mar e a enerxía tamén eterna dos mariñeiros…».

Contemplamos e analizamos estes microcosmos, presentes nun relato plural que transita desde o clasicismo romántico, pasando polo rexionalismo, ata chegar á abstracción.

modalidade

Presencial

LUGAR

Sala de Exposicións Afundación Ourense

ETAPA ESCOLAR

Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato, CF

DURACIÓN

-

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

2 € cada escolar. Grupos e colectivos en risco de exclusión social, de balde.

PERIODO ESCOLAR

1º trimestre

AFORO

-

Descargas

Inscrición

Escribenos a 988 391 746 ou rechea o formulario.

Os teus datos personais os trataremos en «Fundación Galicia Obra Social» para xestionar a túa inscrición e, se nos das a túa autorización, tamén para enviarte información comercial sobre outras actividades ou servizos organizados ou patrocinados por Afundación. Os conservaremos ata que nos retires a túa autorización e, por se houbera algunha reclamación, durante os prazos legalmente establecidos. 
Poderás exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación e portabilidade que te recoñece a lexislación vixente a través de rgpd@afundacion.org ou incluso, se o consideras oportuno, presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.
Los campos marcados con * son obligatorios en el momento del envío de la información.

Outras actividades

PRÓXIMAMENTE

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación
Arte galega, o poder da imaxinación e a fantasía ...

INSCRICIÓN ABERTA

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación
Arte galega, abstracción, creatividade, emocións, xeometría ...

INSCRICIÓN ABERTA

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación
Arte galega, concepto paisaxe, oficios, protección dos nosos mares ...

INSCRICIÓN ABERTA

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación
Arte galega, concepto paisaxe e arquitecturas, rural e urbano, convivencia ...
Atopa a actividade que buscas