Actividades escolares 

Search
Close this search box.

SIMULTÁNEA: MODO RETRATO, PROTAGONISTAS E SECUNDARIOS NA COLECCIÓN DE ARTE AFUNDACIÓN

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

03-09-2024

ATA

-

Información

En Afundación, Obra Social ABANCA cumprimos 10 anos como axentes destacados na actividade cultural e social de Galicia. Como tales, entre as nosas tarefas, ao longo desta década, estivo a de ser depositarios e salvagardas dun dos Bens de Interese Cultural máis destacados da nosa comunidade, a Colección de arte, que mostramos a través de proxectos expositivos de moi variada temática e linguaxe. 

Para conmemorar os 10 anos de xestión deste BIC, presentamos SIMULTÁNEA, un macro proxecto que implica a Colección como elemento dinamizador da cultura e a tradición galegas nas súas sete cidades. Todas as sedes de Afundación implícanse nesta experiencia «simultánea», unha exhibición sen precedentes en que gozar dunha boa parte das máis de 5.000 pezas que compoñen o catálogo visual e histórico que é a nosa Colección de arte. 

Instalacións, fotografía, escultura, pintura… para relatar a nosa historia contemporánea baixo o prisma da arte galega desde o século XIX á actualidade.  

Ademais, presentamos toda unha gama de actividades relacionadas, destacando o programa de escolares en que se combinan coñecementos de arte e historia, actividades de robótica e programación con axuda da IA (Aula STEAM) e liñas de contido asociadas á sostibilidade e a conservación.

Detrás dun retrato hai moito máis ca alguén representado, están os obxectos que o rodean ou a ausencia dos mesmos, que falan del, está o contexto que o envolve e está o rostro que é o espello da alma.

Os retratos poden ser máis ou menos íntimos, masculinos ou femininos, retratos sociais e colectivos ou retratos documentais que nos falan dun momento histórico.

Desde a nosa área educativa poñemos en marcha as seguintes actividades para escolares onde combinamos arte, programación e robótica, con creatividade e sostibilidade:

● Infantil a 4º Primaria (*) | Visita-conto con obradoiro | Seguindo a pista de Kora, a retratista (90 minutos.)

Coñecemos a Kora, considerada unha das primeiras retratistas da nosa historia. Kora vainos deixando pistas para poder coñecer os distintos tipos de retratos e cantas cousas podemos saber sobre as persoas que aí aparecen, as súas emocións e o medio que as rodea a través de importantes artistas de Galicia.

(*) Visita híbrida específica para 3º e 4º Primaria.

● 5º Primaria a 2º ESO | Visita guiada adaptada con obradoiro | Imos de cara! (2 horas.)

Por equipos investigamos a información que nos pode achegar un retrato sobre as persoas que aí aparecen. Son os retratos/selfies importantes na actualidade? Abrimos un interesante debate en que nos servirá de axuda adestrar nada máis e nada menos que unha IA. 

● 3º e 4º ESO, bacharelato e CF | Visita comentada con obradoiro opcional |
Simultánea. Modo retrato, protagonistas e secundarios na Colección de Arte Afundación
(1 hora sen obradoiro. 2 horas con obradoiro)

A nosa sala de exposicións convértese na nosa aula, algún coñecemento de arte, moito contexto e historia, así coma os múltiples significados que hai detrás dos retratos.

modalidade

Presencial

LUGAR

Sede Afundación A Coruña

ETAPA ESCOLAR

Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e CF

DURACIÓN

-

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

2 € cada escolar. Grupos e colectivos en risco de exclusión social, de balde.

PERIODO ESCOLAR

1º trimestre

AFORO

-

Descargas

Inscrición

Podes inscribirte chamando ao 981 185 060.

Os teus datos personais os trataremos en «Fundación Galicia Obra Social» para xestionar a túa inscrición e, se nos das a túa autorización, tamén para enviarte información comercial sobre outras actividades ou servizos organizados ou patrocinados por Afundación. Os conservaremos ata que nos retires a túa autorización e, por se houbera algunha reclamación, durante os prazos legalmente establecidos. 
Poderás exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación e portabilidade que te recoñece a lexislación vixente a través de rgpd@afundacion.org ou incluso, se o consideras oportuno, presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.
Los campos marcados con * son obligatorios en el momento del envío de la información.

Outras actividades

PRÓXIMAMENTE

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación
Arte galega, o poder da imaxinación e a fantasía ...

INSCRICIÓN ABERTA

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación
Arte galega, abstracción, creatividade, emocións, xeometría ...

INSCRICIÓN ABERTA

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación
Arte galega, identidade, conciencia ambiental ...

INSCRICIÓN ABERTA

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación
Arte galega, concepto paisaxe, oficios, protección dos nosos mares ...
Atopa a actividade que buscas