Actividades escolares 

Search
Close this search box.

SIMULTÁNEA: VOAR COA IMAXINACIÓN NA COLECCIÓN DE ARTE AFUNDACIÓN

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación

INSCRICIÓN

Próximamente

DENDE

-

ATA

-

Información

En Afundación, Obra Social ABANCA cumprimos 10 anos como axentes destacados na actividade cultural e social de Galicia. Como tales, entre as nosas tarefas, ao longo desta década, estivo a de ser depositarios e salvagardas dun dos Bens de Interese Cultural máis destacados da nosa comunidade, a Colección de arte, que mostramos a través de proxectos expositivos de moi variada temática e linguaxe. 

Para conmemorar os 10 anos de xestión deste BIC, presentamos SIMULTÁNEA, un macro proxecto que implica a Colección como elemento dinamizador da cultura e a tradición galegas nas súas sete cidades. Todas as sedes de Afundación implícanse nesta experiencia «simultánea», unha exhibición sen precedentes en que gozar dunha boa parte das máis de 5.000 pezas que compoñen o catálogo visual e histórico que é a nosa Colección de arte. 

Instalacións, fotografía, escultura, pintura… para relatar a nosa historia contemporánea baixo o prisma da arte galega desde o século XIX á actualidade.  

Ademais, presentamos toda unha gama de actividades relacionadas, destacando o programa de escolares en que se combinan coñecementos de arte e historia, actividades de robótica e programación con axuda da IA (Aula STEAM) e liñas de contido asociadas á sostibilidade e a conservación.

A nosa Colección abre as súas portas na cidade de Vigo a unha das temáticas artísticas capitais da pintura galega contemporánea: viaxamos ao mundo da fantasía.

Imaxes imposibles, soños, contos e lendas. Un canto ao imaxinario colectivo de marca galega, que pretende ser un punto de referencia para as e os escolares a través dun programa orientado a todas as idades e onde combinamos arte, programación e robótica, con creatividade e sostibilidade: 

•         Infantil a 4º Primaria | Visita-conto con obradoiro |  O oráculo dos contos (90 minutos.)

Na sala escóndese un oráculo, mais… que é un oráculo? Por que din que é coma unha fonte? O oráculo dos relatos de Afundación é unha fonte inesgotable de contos, lendas e disparates. É tan, tan divertido, que quereremos atrapalo e telo para sempre.

(*) Visita híbrida específica para 3º e 4º Primaria. 

•         5º Primaria a 2º ESO | Visita guiada adaptada con obradoiro | A grande evasión… da realidade
(2 horas.)

Realizamos unha comparativa entre a fantasía no mundo dos videoxogos e a arte para comprender que a fantasía, ese xeito de evasión, serviu durante séculos como forma de expresión e como resposta a un contexto histórico determinado. A IA axúdanos nesta ardua tarefa.

•         3º e 4º ESO, bacharelato e CF | Visita comentada con obradoiro opcional | Simultánea. Voar coa imaxinación na Colección de Arte Afundación (1 hora sen obradoiro. 2 horas con obradoiro)

A nosa sala de exposicións convértese nunha magnífica aula de arte e historia que nos permite coñecer o porqué do nacemento de formas de expresión asociadas á fantasía e relacionalo co contexto histórico que as viu nacer. 

modalidade

Presencial

LUGAR

Sede Afundación Vigo

ETAPA ESCOLAR

Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato, CF

DURACIÓN

-

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

2 € cada escolar. Grupos e colectivos en risco de exclusión social, de balde.

PERIODO ESCOLAR

1º trimestre

AFORO

-

Descargas

Inscrición

Podes inscribirte chamando ao 986 129 032.

Os teus datos personais os trataremos en «Fundación Galicia Obra Social» para xestionar a túa inscrición e, se nos das a túa autorización, tamén para enviarte información comercial sobre outras actividades ou servizos organizados ou patrocinados por Afundación. Os conservaremos ata que nos retires a túa autorización e, por se houbera algunha reclamación, durante os prazos legalmente establecidos. 
Poderás exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación e portabilidade que te recoñece a lexislación vixente a través de rgpd@afundacion.org ou incluso, se o consideras oportuno, presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.
Los campos marcados con * son obligatorios en el momento del envío de la información.

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación
Arte galega, abstracción, creatividade, emocións, xeometría ...

INSCRICIÓN ABERTA

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación
Arte galega, identidade, conciencia ambiental ...

INSCRICIÓN ABERTA

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación
Arte galega, concepto paisaxe, oficios, protección dos nosos mares ...

INSCRICIÓN ABERTA

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación
Arte galega, concepto paisaxe e arquitecturas, rural e urbano, convivencia ...
Atopa a actividade que buscas