Actividades escolares
Actividades escolares
7 EXPOSICIÓNS 7 CIDADES | Un proxecto da Colección de Arte Afundación
En Afundación, Obra Social ABANCA celebramos o noso 10º aniversario como
actores chave na cultura e sociedade galega. Este outono, presentamos
SIMULTÁNEA, un proxecto que implica á Colección de Arte Afundación nas
súas 7 cidades a través de 7 exposicións que contarán con actividades para
todas as idades, con propostas que aúnan arte, programación, robótica,
creatividade e sustentabilidade.
Sede Afundación Ferrol
OUT 24 - XAN 25
Coñeceremos en profundidade o xénero do Bodegón e as súas múltiples expresións na plástica galega: desde as máis próximas ao impresionismo, ao cubismo ou ao hiperrealismo, ata chegar á arte conceptual.
Sede Afundación A Coruña
OUT 24 - XAN 25
Exploraremos a evolución do retrato na arte galega, desde perspectivas íntimas ata colectivas, demostrando que un retrato é máis que unha cara, é todo o que a rodea e o contexto que a envolve. É un espello da alma.
Sede Afundación Lugo
OUT 24 - XAN 25
Abordaremos o tema mariño desde múltiples puntos de vista: a representación das mariñas, os portos, as embarcacións, os oficios, os faros ou a esencia matriarcal da nosa comunidade.
Sede Afundación Pontevedra
OUT 24 - XAN 25
Coñeceremos como a arte galega foise aproximando a un das linguaxes máis innovadoras do século XX, enfrontándonos ás dúbidas que xera o universo creativo da abstracción.
Sede Afundación Santiago
OUT 24 - XAN 25
Viaxaremos a través dos lugares máis dispares do mundo, algúns mesmo imaxinados, partindo da cidade que nos acolle, Santiago de Compostela.
Sede Afundación Ourense
OUT 24 - XAN 25
Exploramos os lugares da memoria, a Galicia máxica ou a melancolía nas representacións paisaxísticas galegas desde finais do século XIX ata a actualidade.
Sede Afundación Vigo
OUT 24 - XAN 25
Viaxaremos ao mundo da fantasía a través de imaxes imposibles, soños, contos e lendas que compoñen o noso imaxinario colectivo.